Luns, 01 de Setembro de 2008

O Pío XII continúa a dar forma o seu plantel. As derradeiras en chegar son Inga Buzoka e Charlene Smith, xogadoras chamadas a ocupar un lugar importante no conxunto de Mozán.
Charlene Smith é unha escolta de 27 anos e 178 centímetros de altura que xa demostrou a súa valía en España con anterioridade, tanto na Liga Feminina, co Ensino Porta XI lucense, coma na LF2, onde o pasado ano foi peza clave do ascenso do Cop Crespí, onde promediou 15 puntos por partido e ata 5 rebotes pese a súa posición exterior. Previamente, a xogadora, como dicía, desputou a LF co Ensino lucense, que hoxe comparte categoría co Pío XII. Smith chega para ser un dos referentes anotadores do equipo, con unha excepcional capacidade anotadora, tando dende lanzamentos exteriores coma en penetracións.
Pola súa parte, Inga Buzoka ven coa dificil labor de facer esquencer a marcha de Elisha Turek (que xogará finalmente no Gran Canaria da LF1) baixo o aro. A xogadora letona é unha ala-pivot de 191 cm de altura e, a diferencia de Smith, ten moito de incógnita e non deixa de ser unha aposta arriscada do clube. No seu palmarés están 3 ligas do seu país e unha copa, conseguidas todas co TTT/Riga. Logo foise á aventura americana, xogando varios anos na NCAA, e o ano pasado foi nombrada no quinteto ideal "WBCA All-NCAA D2" co Missouri Western, promediando 18 puntos, 8 rebotes, 2 asistencias e 2 tapóns por partido.
Con esto, o plantel queda a espera de dous derradeiros fichaxes, unha alero e unha pivot. Polo de agora, sí parece clara a intención de facer un equipo máis longo que o do ano pasado, con máis rotacións, pois é claro que a liga fíxose, tal vez, demasiado longa. O plantel, a día de hoxe, esta así:

B: Laura Grande, Ángela Seoane, Dazya Alvarado (Uni Cajacanarias)
A: Isa Suarez, Bárbara Matemalas (Jovent), Charlene Smith (Cop Crespi)
P: Mar Xantal, Carolina Díaz, Ana Román, Inga Buzoka (Missouri)

Publicado por fibergran @ 15:26  | CB Pío XII
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios