Domingo, 31 de Agosto de 2008
                             

O Pío XII segue a dar forma o plantel co que afrontar o segundo asalto ó ascenso a Liga Feminina. A segunda fichaxe, tras Dayza Alvarado (base proveniente o Uni CajaCanarias) é a da xogadora de 22 anos Bárbara Matemalas. Pese a súa xuventude, Bárbara, alero de 171 cm e 65 Kg de peso, xa chegou a debutar na Liga Feminina e foi unha das estrelas do seu equipo na LF2.
Bárbara comezou a despuntar xa dende moi xoven, e viu correr toda a súa carreira no archipielago balear, sendo esta a súa primeira experiencia fora da súa terra natal. Formouse como xogadora no CD Jovent Palma sendo fichada como Junior polo CB Puig d´en Valls de Ibiza. Foi preseleccionada para a Selección Española sendo xogadora Junior e xa con 18 anos debutou na Liga Feminina con ese conxunto (co nome de PDV Eivissa). Foi logo fichada polo Olís Soller, co que desputaría xa a nosa categoría. Tras un par de tempadas complicadas, volveu o clube donde se iniciou coma xogadora, o Jovent Palma, en busca de minutos que encontrou, convertíndose nun dos grandes referentes do seu equipo, anotando 9.5 puntos en 27.5 minutos por partido.

Publicado por fibergran @ 0:05  | CB Pío XII
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios