Sábado, 30 de Agosto de 2008
 
Rematou o culebrón. Finalmente, Brad Oleson, coma todos supoñíamos, será xogador do Alta Gestión Fuenlabrada esta mesma tempada, no que será no seu debut na ACB. Pese a insistencia da directiva en negarse a vendelo, finalmente o xogador alaskiano, tras tentar primeiro rescindir o seu contrato por supuestos impagos (non aceptado pola FEB), acolleuse a semana pasada o famoso decreto para pechar (dun xeito moi triste, tendo en conta os 3 derradeiros anos) a súa historia no clube compostelán. Non pilla de sorpresa a ninguén, pois xa dende o 17 de Agosto o escolta (que xogará na ACB sin validez do seu pasaporte alemán e por tanto, extracomunitario, a saber por quéGuiño levábase entrenando co conxunto laranxa.
Agora só queda esperar a que o xuiz dicte sentencia (¿cando?. A saber) e desexarlle sorte o xogador na súa andadura na ACB, pois para un servidor, 3 meses terribles non poden empañar nunca 3 anos marabillosos. Non obstante (por parte de tódalas partes), un non pode evitar pensar que esto, decididamente, non debía de ter rematado así.

Publicado por fibergran @ 23:09  | B. Rosalía > Máis
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios