Xavi Lopez completa o plante do Rosalía

Xa se completou a derradeira peza do puzle do Rosalía 2008/09. Trátase, coma confirmaban algúns rumores, do base Xavi López, procedente do Iurbentia Bilbao Basket da ACB. Non debe enganar a súa procedencia, pois non encontrou apenas minutos nesta primeira experiencia ACB.
Tras formarse na canteira do Joventut de Badalona, o base catalán, de 24 anos e 1.92 cm de altura, emigraba a América rumbo a NAIA, unha das múltiples ligas universitarias dos Estados Unidos. Nos seus dous anos nos Sea Lions, Xavi López completou boas actuacións, promediando no seu primeiro ano 12.7 puntos e 3.6 asistencias por partido, e 10.9 puntos, 3.2 rebotes e 2.7 asistencias por partido na segunda experiencia. As boas actuacións propiciaron interés de varios clubes da ACB, sendo finalmente o Iurbentia Bilbao o que se fixo cos seus servicios. No conxunto vasco xogaba a pasada tempada, iso sí, relegado o posto de terceiro base, con apenas 35 minutos xogados en toda a tempada. Chega a LEB Ouro en busca do seu nivel tralo paso por América, logo da dificil experiencia en ACB.
Deste modo, o plantel queda completo a espera de que se solucione o caso Oleson, que nos últimos días pode verse con máis optimismo dende o conxunto colexial, logo de que o xogador, segundo din os rumores, non lle gustase o "over-booking" de Fuenlabrada (que con él contaría con 14 xogadores no plantel, e unha forte competencia no xogo exterior). Con todo, parece complicado que Oleson non remate vestindo de laranxa a vindeira tempada, pero pronto poderemos sabelo con exactitude.
O plantel definitivo é, a espera de Oleson, por tanto, o seguinte:
B: Xavi López (Bilbao - ACB) e Jordi Vallmajó (Gandía)
E: Pat Carroll (Alicante) e Pablo Posse (Forjasa Rosalía - Autonomica)
A: Gio Dedas e Sandi Cebular
AP: Charles Ramsdell e Nana Harding (Turow Zgorzelec - Liga Polaca)
P: M.A. Montañana, Rogelio Legasa e Albert Fontet

