Luns, 04 de Agosto de 2008
             
Brad Oleson xa ten sustituto nas filas do Rosalía. O elixido é, finalmente, Pat Carroll, un 2-3 eminentemente tirador que xogou o pasado ano nas filas do Cajasol (ACB) e Alicante Costa Blanca (LEB), danto unha imaxe, alomenos, esperanzadora, sobretodo nesta derradeira etapa. O sustituto de Oleson, digo, por ser excelente tirador e, sobretodo, por ser o encargado de darlle un salto de calidade o equipo, sendo claro referente exterior, se ben ten un perfil cercano a posición de Alero.
Tras catro tempadas consecutivas facendo un bo papel (sendo elixido varias veces no millor quinteto) na NCAA, sempre co conxunto da Universidade de St. Joseph´s, e desputando en dúas ocasións as Ligas de Verán da NBA, foi fichado definitivamente polo Noi Sport Monte Terminillo Rieti, conxunto da italiana LEGA DUE na tempada 2004-05, onde comeza a súa carreira profesional. A súa boa tempada, así coma o bo papel na Liga de Verán de Minnesota cos Houston Rockets, provoca que Dallas Mavericks se fixe nel e o fiche para o seu plantel a seguinte tempada. Sen embargo, Carroll nunca dispuxo de minutos na millor liga do mundo e a metade de tempada volve a Europa, desta vez a francia, para xogar na LNB co Gravelines-Dunkerke, onde xa despuntaría como excepcional lanzador, cunha media superior de 42% en tiros de tres nos 22 partidos que desputou co conxunto galo. O ano pasado chegaba o seu desembarco en España, fichando polo Cajasol sevillano e debutando, así, na liga ACB. O debut non foi o agardado, nun equipo con serios problemas, e sería cortado a metade de tempada, sendo fichado por Alicante Costa Blanca, onde se converteu nun dos referentes do equipo alacantino, promediando 13 puntos e 2,4 rebotes, cun 64% en tiros de dous e un 47% en tiros dende a liña de triples. Tal vez a súa falta de implicación defensiva e unha excesiva "especialización" coma tirador, facendoo un xogador pouco versatil, son os maiores peros do que é, sen dúblida, o home máis interesante que ata agora fichou o conxunto compostelán.

O plantel, a falta de confirmacións (que nunca chegan por parte do clube), queda así a falta da fichaxe de, polo menos, un base (teórico titular nesa posición):
B: Jordi Vallmajó (Gandía)
E: Pat Carroll (Alicante) e Pablo Posse (Forjasa Rosalía - Autonomica)
A: Gio Dedas e Sandi Cebular
AP: Charles Ramsdell e Nana Harding (Turow Zgorzelec - Liga Polaca)
P: M.A. Montañana, Rogelio Legasa e Albert Fontet

Publicado por fibergran @ 13:44  | B. Rosalía > Máis
Comentarios (1)  | Enviar
Comentarios
bueno, el trabajo que le queda para hacer olvidar a oleson es tarea difícil.
Publicado por molisse
Mércoles, 06 de Agosto de 2008 | 14:03