Domingo, 03 de Agosto de 2008

Tempo de silencio (as suas razóns terán)

                         
Isa é a decisión adoptada polo Rosalía este verán: silencio. Poucos podiamos pensar que isto ía ser así cando se anunciou a bombo e platillo a estrea da páxina web oficial do clube a finais da tempada pasada. Fume, puro fume. A web (que debe ser, ante todo, un medio para manter informado constantemente o afeccionado) aínda non se actualizou nin unha sola vez dende a súa flamante estrea oficial. E así pasamos o verán, sin unha nova, sin nada que dicir, sen fichaxes, nin novas, nin... nin nada de nada. Tan só a web de Solobasket e algúns foros de internet (ACB ou en menor medida de Inferno Azul) permitíronnos saber das novas fichaxes xa pechadas (ou teóricamente así ) de dous homes, por outra banda e sendo realistas, pouco ilusionantes de cara a tempada que ven: Nana Harding e Jordi Vallmajó. Nin fichaxes, nin outra cousa. Do tema Oleson, que mantivo a atención da afección centrada todo o verán, enterámonos a través do representante do xogador e do presidente de Fuenlabrada, a través do Correo Galego ou, unha vez máis, Solobasket, o primeiro lugar a onde un acude para saber se hai novas do Rosalía, e non, coma debería ser, a web-fantasma que o clube mantén dende Xuño. Só cando se anunciou un teórico contrato de Brad co clube de ACB, o Rosalía sacou un escueto comunicado informando de case nada. O venres pasado chegaba a primeira convocatoria aos medios realizada polo clube en TODO o verán. O motivo era dar a coñecer a continuación de Beirasar coma patrocinador principal do clube, e como non podía ser de outro modo, non se dixo nin contestou a ningunha pregunta do ámbito deportivo, salvo a insistencia (que para servidor comeza a ser preocupante) sobre que Oleson estará en Santiago o día 11, algo que, case todos sabemos, non ocurrirá. E evidentemente, non direi eu que non sexa un tema importante, e que sí, que os patrocinadores hai que mimalos, e máis co momento actual. Pero a ausencia continuada de noticias, a invisibilidade total do equipo (e por ende, do patrocinador) por outra banda, non parece o mellor feito de facelo.
E o silencio seguirá, probablemente, ata que comece a pretempada. ¿Que pretende o clube con este silencio?. Coma digo arriba, as súas razóns terán, indudablemente... pero servidor non as comprende, nin moito, nin pouco, e non é o único (xa o xoves pasado Bermudez, na Cadena Ser, criticaba o clube por esto, e nos foros antes citados pódese ver un evidente enfado). Un comprende a confidencialidade das neociacións, pero non que, unha vez pechadas, non se den a coñecer. Tampouco comprende que non haxa ningunha pronunciación sobre o caso Oleson. Pero, sobretodo, non comprende como é que o Rosalía esté disposto a deixar pasar unha posibilidade de ouro, a de enganchar, definitivamente, o público compostelán. Falo dese público que comezou a ir o basket a finais da pasada tempada, aumentando notablemente a asistencia. Ese público, non habitual, pero susceptible de engancharse o basket, o Rosalía e a LEB, seguramente saiu do pabillón pensando na posibilidade de facerense socios a vindeira tempada. Pero, claro, tres meses de invisibilidade non axudan a facelo. A diferencia doutros clubes da cidade (coma Lobelle ou Cidade de Santiago, que cando non hai novas, as crean para manter a súa, sinto repetirme, visibilidade constante, coma deben facer), o Rosalía apostou este verán polo secretismo, pola falta de transparencia, por tomar unha distancia cada vez maior co seu público. Un erro importante, tal vez non aparentemente grave, e certo, por outra banda, que tras varios anos de magnífica xestión, pero un erro que se pode pagar caro cada venres cando, no Sar, volvamos a ser os de sempre. Os que, cando non hai novas, as buscamos, e rebuscamos. E este ano... nin por esas as podemos encontrar.

Comentarios

Añadir un comentario

Autor: molisse
Fecha: Luns, 04 de Agosto de 2008
Hora: 8:21

tienes toda la razón. lo de la página web es de vergüenza, y el secretismo entorno a la confección de la plantilla simplemente ridículo. la verdad es que la imagen que dan de car al aficionado es de dsidia total.

que me puedes decir de pat carroll?
Autor: fibergran
Fecha: Martes, 05 de Agosto de 2008
Hora: 2:29

De Pat Carroll he escrito justito después de tu mensaje (no lo leí hasta ahora) un artículo. Espero que guste.