Mércoles, 30 de Xullo de 2008
                      
Ante o secretismo do Beirasar Rosalía en torno a confección do novo plantel (e en torno a calquera outra cousa), pouco máis podemos os facer eco de diversas fontes e rumores que poden aparecer por internet.
Neste apartado a máis vella nova é a de Nana Harding, xogador camerunés con pasaporte comunitario que acaba de proclamarse campión da Liga Polaca co Turow Zgorzelec. É un xogador que pode xogar de 3-4, cun físico potente pero que non ven de destacar especialmente no seu equipo. Coma referencia máis cercana, está o derradeiro Preolímpico que xogou coa súa selección este verán, onde completou dous moi bos partidos coa súa selección ante Croacia e Perú nos dous partidos de Camerún, marcando 24 e 22 puntos respectivamente. Agardamos que este sexa o Nana que vexamos, de confirmarse a fichaxe, en Santiago.
O que tamén parece feito é Jordi Valmajó, segundo nova de Solobasket, que aparecía publicada esta mañá. O base chegaría procedente do Aguas de Valencia - Gandía onde foi o base suplente o pasado ano, posto que, a lóxica diría, ven a ocupar en Santiago. O xogador catalán chegou a Gandía tras cuaxar unha gran tempada na LEB2 co Akasvayú Vic, pero a súa adaptación a liga LEB foi máis dura, nun principio, do que podía parecer. Os seu números o ano pasado: 7.4 puntos, 2.4 asistencias e 1.2 rebotes en 19.1 minutos.
Os derradeiros rumores, que non semellan ser máis ca eso, Jason Blair, xogador interior proveniente do Plasencia-Galco e MVP da LEB2 dous anos consecutivos, e Alberto Miguel, escolta do Plus Pujol Lleida, que podería ser o novo escolta titular do equipo "a baixa" trala marcha de Brad Oleson, despois dun verán no que a falta de previsión no caso do alaskiano deixara o clube nunha situación complicada neste posto.

Publicado por fibergran @ 20:02  | B. Rosalía > Máis
Comentarios (2)  | Enviar
Comentarios
binetti se queda o se va?
Publicado por molisse
Venres, 01 de Agosto de 2008 | 8:48
Binetti se marcha. Toda la plantilla seguirá, en pricipio, salvo Boyd, Binetti, Oleson y Camilo.
Publicado por fibergran
Sábado, 02 de Agosto de 2008 | 14:53