Luns, 28 de Xullo de 2008
                   

Semella que o fin do culebrón Obradoiro está a piques de chegar o seu fin. O Obradoiro, 18 anos despois do seu ascenso das canchas, roubado pola FEB en favor do Júver Murcia, será equipo ACB na tempada 2009/2010. Con todo, non foi sinxelo, nin sequera cando os xuices deron o sí definitivo, pois a asociación de lubes sempre se esforzou por poñer as máximas trabas posibles o conxunto compostelán. Así pasou no verán do 2002, por exemplo, cando o Tribunal Supremo ameazaba con paralizar a liga ACB si o Obradoiro non era incluído na tempada inmediatamente posterior. A nova convulsionaba o baloncesto nacional, pero a ACB conseguía librarse do asunto. A asociación de clubes, dirixida xa por aquel entón por Eduardo Portela, concedía ó Obradoiro un prazo ¡¡¡de 5 días laborais!!! para cumplir tódolos requisitos. O Obradoiro depositaba na liga ACB o aval perteneciente a tempada 1990/1991 (ano do ascenso real non producido). A ACB denegaba a entrada obradorista por non cumplir, evidentemente, as condicións da tempada 2002/20003 e daba por cumplida a sentencia e finado o Caso Obradoiro.
Ante a situación dada, o Obradoiro presentaba un Recurso de Casación. E, cando todo o mundo parecía xa olvidado do tema, en Decembro de 2007, o Tribunal Supremo volvía a da-la razón ó Obradoiro no recursos antes exposto, aclarando, esta vez, que a entrada do clube na ACB faríase cos requisitos da tempada 1990/1991. En Marzo o Obradoiro apalabrou un patrocinador que facía viable a súa antrada a ACB e a asociación mesmo "suplicou" o clube pospoñer a súa entrada unha tempada despois. Tras varias reunións, ACB, FEB e Obradoiro asinaban un preacordo para facelo. Pero un día antes de firmar, a ACB botábase atrás e inscribía a Obradoiro (que xa traballaba con vistas a 2009) na vindeira tempada. Por sorte, Docobo e Compañía foran desta vez máis listos e puxeran o xuiz o corriente de todo o acontecido nas reunións, e dos acordos tomados. En base a isto, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia daba a razón unha vez máis o Obradoiro e sentenciaba que o clube entraría na liga ACB na tempada 2009/2010 coas condicións antes citada. O fallo era, ante o recurso da ACB, confirmado polo Tribunal Supremo poñendo fin o culebrón Obradoiro dunha vez por todas... ou eso, claro, agardamos.
Publicado por fibergran @ 22:44  | Obradoiro CAB
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios