Sábado, 26 de Xullo de 2008

Era un segredo a voces para todos... salvo para o clube. Pero o final, cumpríronse os prognósticos, o que todos sabíamos que ía pasar, e Brad Oleson, o que foi ídolo da afección compostelana os derradeiros 3 anos, marchará do clube colexial rumbo ACB nesta tempada 2009/2010.
Non quer dicir iso que o culebrón esté rematado, nin moito menos. Coma xa todo o mundo saberá, a cuestión Oleson-Fuenlabrada comezou xa en plenos play-offs de ascenso, ante o partido do Bruesa. O clube madrileño comezou por aquel entón as conversacións con Brad Oleson e, coma todos os que se saben os peces grandes do acuario, con certa prepotencia e pouca ética, non tardou en asinar un contrato co xogador de Alaska, tratando logo de que forzase, case gratuítamente, a súa saída do Rosalía. O clube non estivo disposto e o Fuenlabrada presentou sucesivas ofertas máis adiante, a última das cales chegaba os 250.000 Euros, que eran sempre rechazadas polo Rosalía. E é entón cando chega o acto de torpeza do Rosalía: creer, sinceramente, que o xogador non ía marchar de Santiago, incluso cando o propio alaskiano, ou o seu representante, afirmaban estar disposto a acollerse o Decreto 1006, que lle permitiría unha saída inmediata do clube por unha idemnización que o xuiz decida. E así foi, a día de hoxe, Brad Oleson é xogador do Fuenlabrada, cun contrato que comezará a ter efectos xurídicos tan pronto se desvincule definitivamente do Rosalía (previamente tratou de conseguir a libertade por un suposto incumplimento de contrato que o clube nega).
Sexa como sexa, Oleson non seguirá en Compostela e o Rosalía encontrouse en bragas por non rematar de crer o que todo o mundo viu coma unha realidade xa dende hai 2 meses. Non se buscaron opcións B, non hai reforzos, e por non haber, nn hai nin cartos ata que o xuiz decida, cousa que tardará. Agardase un verán movido para a directiva do Rosalía, aínda que ata agora, a sensación e de que, precisamente, o que é moverse... pouco.
En calqueira caso, non pode servidor desexarlle un gramo de sorte a Fuenlabrada, pois a maneira de actuar do clube do sur de Madrid non foi, en ningún caso, aceptable para min (chegando a presentar na ACB un contrato pese a que o xogador teña un vixente co Rosalía). Sen embargo, non queda máis que desexarlle, a él sí, a millor das sortes a Brad Oleson. Mereceo.

Publicado por Desconocido @ 21:24  | B. Rosalía > Máis
Comentarios (2)  | Enviar
Comentarios
inmenso jugador. yo aún tengo esperanzas. llámame ingenuoGuiño
Publicado por molisse
Venres, 01 de Agosto de 2008 | 8:45
Guiñoinmenso jugador. llámame ingenuo pero yo aún conservo esperanzas de volver a verlo. si no es en el rosa que sea en el obra
Publicado por molisse
Venres, 01 de Agosto de 2008 | 8:46